viernes, 8 de marzo de 2013

The British Route


Como ben reflicte o título deste blog, “Escola e Cicloturismo” vou presentar a utilidade da bicicleta na vida cotiá, pero sobre todo como vehículo para viaxar, para trasladarse dun lugar a outro. E o mellor sitio para presentar esa actidvidade é a escola. 


A bici non a vamos ver só como un medio para facer deporte, senón como un medio que nos vai permitir un desenrolo armónico, tanto psíquico como físico, Benefits of cycling  e nos vai facer máis responsables, máis autónomos e, por suposto, tamén máis solidarios, respectuosos e  máis coñecedores do mundo que nos rodea.
Como obxectivos pedagóxicos intentamos descubrir o valor educativo do cicloturismo. Redescubrir a bicicleta e aprender o seu dominio. O primeiro xoguete da infancia é: A BICICLETA.  A satisfación do coñecemento por medio do esforzo. A educación vial será fundamental para formar ciclistas responsables e coñecedores do Código de Circulación pois hai que darse conta que os escolares non teñen a maioría de idade. Obter un maior coñecemento non só do Concello senón tamén da rexión, da nosa nación, do mundo en definitiva. E por suposto espertar unha sensibilidade en temas medio-ambientais, urbanísticos, patrimonio … ao estar en contacto coa Natureza a través dun medio tecnolóxicamente brando. Polo tanto hai un aumento da responsabilidade dos xóvenes ante as tarefas sociais, convivencia, e tamén unha responsabilidade individual: el e a súa bicicleta. Para poder cumplir estes proxectos ou obxectivos, temos que deseñar uns itinerarios axeitados a estes.
A partir de rutas polo Concello e os arredores as fins de semana, decidimos dar o salto e facer unha gran viaxe: A Península de Cornualles-Inglaterra. Que tipo de bici é a mellor para ese percorrido? Medios de transporte para chegar aló. Mapas, planos, etc. Sabemos todos o idioma inglés como para defendernos ben? Cal vai ser a ruta a seguir en Cornualles? Que lugares imos visitar, onde dormir, etc… quen fai o diario da excursión? Qué moneda se usa en Cornualles? Cómo se circula por Inglaterra – pola dereita ou pola esquerda? Para iso temos que ir a unha autoescola –tanto país como alumnos- para que os monitores nos den unhas  charlas sobre educación vial e tódolas demáis dúbidas témolas que resolver e desenvolver na aula, e para iso dispoñemos da tecnoloxía moderna, como é a internet.
O noso proxecto pois será facer realidade un pouco eses soños e eses obxectivos e para lograr todo iso presentamos a actividade educativa: O CICLOTURISMO E A ESCOLA.


                                          Viaxe por Cornwall-Plymouth - pequena parada



Preparemos pois a viaxe de fin de curso por Cornualles - Inglaterra do IES María Soliño. 19 persoas partiremos cara aló.

O primeiro que imos traballar é no coñecemento do mundo da bicicleta e os seus compoñentes, por se pinchamos en Inglaterra ou rompemos un radio da bici, temos que saber como se di en inglés e tamén as expresións normais de saúdo, agradecemento, e as preguntas que teñen que completarse sempre co please de coletilla final, etc. Bicycles and types of bicycles nos sirve para saber diso: www.infovisual.info/05/033_en.html  Pódese complementar os seus coñecementos co Diccionario Visual de Oxford, páxinas 446, 447 e 448, en formato papel.
Pero como chegamos a Plymouth? En Cangas temos que coller o barco para chegar a Vigo. Dende aqui en tren ata Santander e desde a capital de Cantabria ata Plymouth en ferry (24 horas) e por suposto coas bicicletas.
Passenger Liner and its vocabulary : www.infovisual.info/05/055_en.html High Speed Train and its parts: www.infovisual.info/05/037_en.html Estos enlaces nos van servir para iso e ademais temos que saber a diferencia entre o vocabulario do Inglés Británico e do Inglés Americano.


As palabras relacionadas coa hixiene persoal, que lle imos chamar Daily Routine Exercises, teñen que estar moi presentes:
www.englishexercises.org/makeagame/viewgame.asp?id=144  

Os lugares para durmir ( camp sites, youth hostels, etc.) The Cornwall Guide: www.cornwalls.co.uk

Mapas e planos e a xeografía de Cornualles, para seguir mellor o itinerario, observar a dirección do vento…


A moeda inglesa: preparar esta páxina, con un video e xogo


Educación Vial: información en vídeo sobre o tema:
tamén pódese ver este video (with show transcript)


Facer un diario da excursión todo en inglés basado no vídeo da viaxe que aparecerá no blog (O porei máis adiante), tratando de facer un resumen, usando os tempos pasados (un relato da viaxe) e un apéndice cos tempos futuros das cousas que se poderán facer mellor na próxima viaxe a Holanda en bicicleta (que tamén fixemos), o pais das bicicletas por excelencia!



Saída do ferry. Plymouth


Comparar a Cornualles con Galicia: a súa cultura, a súa xente,etc. Celtic Heritage


Tamén poremos a canción de Queen: Bicycle Race, suprimindo algunhas palabras para que se completen ao escoitala. E tedes a letra neste outro enlace http://www.lyrics007.com/Queen%20Lyrics/Bicycle%20Race%20Lyrics.html 
  

 Volvendo á excursión de Cornualles -como toda excursión en bici- escomezamos a xornada estirando o noso corpo -como fan os gatos e cans cando se erguen - o que se chama Stretching e Bob Anderson is the world's most popular stretching authority http://www.estiramientos.es/index.php?filt=ciclismo que por suposto tamén o tedes en inglés, pois estes exercicios hai que facelos ao principio da xornada e tamén ao final do día..




Despois de andar en bicicleta e antes de comer  decidimos xogar ao Bingo  en grupo, para ver quen sabía máis en calquer materia: inglés, xeografía, matemáticas, etc. antes dos exámenes, por suposto todo ten que estar en inglés.
Muesli caseiro é o que levamos na mochila da bicicleta, feito na casa e composto de levadura seca de cervexa, copos de avena, de trigo, avelá triturada, cacahuetes triturados, vamos! unha máquina de calorías, pero é que imos pedalear case todo o día...e necesitamos alimentarnos e a isto lle añadimos unha boa taza de te ou leite, zumo de laranxa ou froita, mermelada e galletas ou bolachas, como lle chamamos cando imos por Portugal, e isto so para o almorzo, pois é a comida máis importante do día http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/2824987.stm  Xa que ao mediodía so tomamos un melón ou sandía ou froita variada, pois imos seguir facendo exercicio, e a tarde cando paramos de andar na bici, despois de ducharnos, tomaremos ensalada e pasta e cousas típicas do lugar onde estamos. Unha boa alimentación tamén vale para responder ben nos estudios http://learnenglishteens.britishcouncil.org/exams/exam-study-tips/brain-food

Relaxados e comentando as incidencias do día escomenzamos a escribir o diario, sempre hai unha ou dúas persoas encargadas de escribilo seguindo as seguintes pautas  http://www.wikihow.com/Write-a-Diary
e alguén comentou como sería o diario de Anne Frank.. algúns non sabían quen era...http://www.enotes.com/anne-frank eran outros tempos ...de sufrimento e nós estamos a divertirnos na viaxe... seguimos dicindo de como facelo máis practico e outros dan outras ideashttp://jobs.aol.com/videos/what-its-like/how-to-keep-a-diary/517297409/ incluso a xente de bacharelato de Artes quere facer un comic como diario http://www.makebeliefscomix.com/Daily-Comix-Diary/  outros queren saber o tipo de comida que fixemos no día e a duración do exercicio, etc...http://www.topendsports.com/nutrition/images/daily-food-diary.pdf que todo sexa polo ben do grupo e tamén de forma individual, polo ben do individuo, da persoa.

Pero vamos seguir a ruta ciclista pola península de Cornwall, facendo uns 50 ou 60 kms. por día. E ao chegar ao lugar, nos relaxábamos, nos identificábamos co bullício do lugar, co ruido -ou falta do ruido - co olor das cousas, coa paisaxe, coa xente, etc. ... E o que escribiu o diario - un alumno de bacharelato - decía que había uns pobos moi bonitos e interesantes para ver e visitar, que por varias razóns lle impactaron en gran maneira. E despois de sair de Plymouth, chegamos a
POLPERRO, un pobo encantador, pesqueiro http://www.polperro.org/fishing.html, un pobo co que nos sentimos moi identificados. Ah! e non permitían a entrada dos coches no centro da vila... hai aparcamentos ás aforas da cidade. pero os discapacitados como entran pois? tedes que mirar esta páxina-foto e o comprobades ... está ben, non si?
Ah! Que tipo de peixe se pesca nesta zona?...

E para facer os deportes de auga, como windsurf... encantounos PENZANCE. Que ondas! unha maravilla para os deportes acuáticos.http://www.cornwalls.co.uk/surfing/

E entre estas dúas vilas estivemos en Minackhttp://www.minack.com/ Que pena non poder ver unha obra de Shakespeare!http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/england/cornwall/7565229.stm ás once da noite de verán, sentados enfrente do océano azul Atlántico!.http://www.minack.blogspot.com.es/..pero percorrendo uns kms máis chegamos a http://primeross.blogspot.com.es/2011/06/lands-end-cornwall-england.html Land's End, ao Fisterre cornuallés.

Que maravilla ST. IVES! a residencia por excelencia de pintores, escultores, artistas,http://www.stives-cornwall.co.uk/ en definitiva. Un relax observando os distintos museos e casas particulares de artistas, bueno máis ben qué agotamento!.http://www.onestives.co.uk/artistsgalleries.html
E despois de varios días pedaleando pisamos a terra do Rey Arturo,http://www.arrakis.es/~joserm/a_maxica/ctntagel.htm do mago merlín... estamos en
TINTAGEL no castelo, mellor dito nos restos do castelo-pero a paisaxe sigue sendo moi bonita.
Estes son os lugares que máis recordamos de Cornwall, entre outros moitos lugares e rincóns preciosos, praias...etc.

Pero  a excursión continúa, pois dura 22 días e o próximo día imos a LONDON, capital do reino inglés. Ah! pero esta vez deixamos as bicis no camping de Plymouth, atadas e perto das tendas de campaña, e collemos o tren cara LONDON...
E para todos aqueles que queiran visitar London recomendo un "pase" completo de guía de London, que pode ser este video
nós sacamos un billete para compartir bus e metro e empezamos  visitando o zoo,...
e como non unha parada nas famosas tendas de London como Harrods
ou Selfriges ou ben Liberty
ou  Harvey Nichols
pero tamén visitamos algún museo como o de   Madame Tussauds, Warner Bros. Studio - Harry Porter e por suposto os lugares típicos como Buckingham Palace, Tower of London ou Covent Garden e os maravillosos parques para tomarse un descansiño, podémolos ver nestas FOTOGRAFÏAS do Daily Telegraph.
Xa rematando a nosa excursión a Londres, regresamos a Cornwall e dende Plymouth no Ferry a Santander facendo por Cantabria un pouco de Turismo e por tren a Cangas - Vigo, disfrutando da cidade de Vigo.
Lembrando o comezo do blog, con Cornwall como parte da cultura celta, tamén Galicia está nesa tradición celta, asi nos fai recordar a BBC neste video, xunto a Carlos Nuñez: A TRADICIÓN CELTA EN GALICIA.